martes, 23 de septiembre de 2014
Contos ilustrados: Panchito o astronauta
O proxecto, ten como obxectivo primordial promover o gusto pola lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade por parte do alumnado de educación infantil. Os obxectivos específicos son: - Despertar o pracer pola lectura, fomentando a imaxinación e fantasía. - Fomentar a comprensión en galego. - Desenvolvemento das aptitudes artísticas. A metodoloxía de traballo será: - En primeiro lugar, o Contacontos relata unha historia de xeito oral, mentres o ilustrados realiza unha ilustración mural do que se está a contar. - Rolda de prensa guiada polos autores na que os rapaces interaccionan co conto e co debuxo. - Obradoiro de ilustración no que os nenos participan no remate do mural iniciado polo autor. O obradoiro realizado coa colaboración de Polo correo do vento, está baseado na obra de Castelao, e desenvolve a temática da Astronomía en xeral e do Sistema Solar en particular. Os contidos e a complexidade, tanto na narración oral como no obradoiro de debuxo está adaptado para o público de Infantil. A transmisión de contidos faise a través dun contexto lúdico e imaxinativo. A duración do obradoiro será de arredor 60 minutos coincidindo coa capacidade de atención dos grupos, cun máximo de 50 alumnos/as por sesión.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)